África

África ( pronunciación ) é o segundo continente en poboación e extensión, despois de Asia. A súa área é de 30.249.096 km²,[1] incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20% da superficie da Terra.[2] Con 1 200 millóns de persoas no ano 2016, representa o 16% da poboación mundial. Limita ao norte co mar Mediterráneo, ao oeste co océano Atlántico, ao sur coa conxunción dos océanos Atlántico e Índico e ao leste co mar Vermello e o océano Índico. O continente inclúe a illa de Madagascar e varios arquipélagos. Conta con 54 estados soberanos plenamente recoñecidos, nove territorios e dous estados independentes de facto non recoñecidos ou con recoñecemento limitado. A maioría do continente e dos seus países atópanse no hemisferio norte, mais cunha parte substancial no hemisferio sur.[3]

A poboación media de África é a máis nova de entre tódolos continentes;[4][5] cunha media de idade no 2012 de 19,7 anos, mentres que no resto do mundo a media era de 30,4.[6] Alxeria é o país africano máis grande en superficie, e Nixeria o que conta coa maior poboación. África, particularmente a zona central leste, está considerada a orixe da humanidade e da árbore Hominidae (homínidos) segundo unha das hipóteses científicas da evolución humana (a da "arca de Noé"), pola descuberta alí dos restos máis antigos dos antecesores humanos, datados darredor duns sete millóns de anos, como poden ser Sahelanthropus tchadensis, Australopithecus africanus, A. afarensis, Homo erectus, H. habilis ou H. ergaster; e o Homo sapiens atopado en Etiopía duns 200.000 anos.[7] África é atravesada polo ecuador e conta con numerosas áreas climáticas, sendo o único continente en ter climas temperados nas súas zonas norte e ur.[8]

Africa alberga unha gran diversidade étnica, cultural e lingüística. A finais do século XIX, os países europeos colonizaron case toda África; a maioría dos actuais estados de África xurdiron dun proceso de descolonización durante o século XX. As nacións africanas cooperan a través da Unión Africana, cuxa sede está en Adís Abeba.

África
Africa (orthographic projection)
Área30.370.000km2
Poboación1.225.080.510 (2016)
Densidade poboacional36,4 h. km2
XentilicioAfricano/a
Países
Dependencias
Estados non recoñecidos
linguas
 1250–3000 linguas nativas
Fusos horariosUTC-1
UTC+4
Cidades máis grandes

Etimoloxía

Palazzo Ferreria statue 2.jpeg
Estatua representando a África no Palazzo Ferreria, na Valeta, Malta.

Afri foi o nome en latín empregado para referirse ós habitantes do norte de África e oeste do río Nilo, e no seu senso máis amplo referíase a tódalas terras ó sur do mar Mediterráneo (Antiga Libia).[9][10] É posible que o nome teña a súa orixe nunha antiga tribo libia, devanceiros dos modernos bérberes. O nome tamén foi conectado a miúdo co termo fenicio ʿafar que quere dicir "po",[11] mais unha hipótese de 1981[12] afirmou que provén do termo bérber ifri (plural ifran) que quere dicir "cova", en referencia ós habitantes das covas.[13] A mesma palabra[13] pode atoparse no nome dos Banu Ifran de Alxeria e Tripolitania, unha tribo bérber orixinaria de Yafran (tamén coñecida como Ifrane) no noroeste de Libia.[14]

Baixo o romano, Cartago converteuse na capital da provincia daquela chamada Africa Proconsularis, despois da derrota dos cartaxineses na terceira guerra púnica en -146, que tamén incluía a parte costeira da moderna Libia.[15] O sufixo latino -ica pode ser usado para denotar unha terra (como por exemplo, en Celtica de Celtae, usado por Xulio César). A posterior rexión musulmá de Ifriqiya, despois da conquista do Exarchatus Africae polo Imperio Bizantino, tamén preservou a forma no seu nome.

De acordo cos romanos, Africa limita ó oeste de Exipto, mentres que "Asia" era usado para referirse a Anatolia e as terras do leste. Unha liña definitoria foi trazada entre os dous continente polo xeógrafo Tolomeo (85–165), indicando Alexandría no primeiro meridiano e convertendo o istmo de Suez e o mar Vermello como a fronteira entre Asia e África. Conforme os europeos ían entendendo a extensión real do continente, a idea de "África" expandiuse tamén.

Outras hipóteses etimolóxicas sobre a orixe antiga do nome de "África" son:

  • O historiador xudeu do século I Flavio Xosefo (Ant. 1.15) asegurou que o nome procede de Efer, neto de Abraham segundo a Xénese 25:4, cuxos descendentes invadiron Libia.
  • Isidoro de Seville, na súa Etymologiae XIV.5.2. do século VII suxire que "África provén do latín aprica, que significa "solleiro".
  • Massey, en 1881, declarou que África deriva do exipcio af-rui-ka, que significa "xirar cara a abertura de Ka." O Ka é o dobre enerxético de cada persoa e a "apertura de Ka" refírese a unha matriz ou lugar de nacemento. África sería, para os exipcios, "o lugar de nacemento".[16]
  • Michèle Fruyt en 1976 propuxo[17] un vínculo coa palabra latina africus "vento sur", que podería ter orixe umbria e referirse ó "vento chuvioso".
  • Robert R. Stieglitz da Universidade Rutgers en 1984 propuxo: "O nome África, derivou do latín *Aphir-ic-a, un conato do hebreo Ofir."[18]
  • Ibn Khallikan e outros historiadores dixeron que o nome de África provén do rei himyarita chamado Afrikin ibn Kais ibn Saifi tamén chamado "Afrikus fillo de Abrahah", quen someteu Ifriqiya.[19][20][21]

Xeoloxía e xeografía

Artigo principal: Xeografía de África.
187 1003703 africa dxm
Imaxe satélite de África. O deserto do Sáhara no norte pode verse con claridade.
Africa-asia-america-to-scale
Unha imaxe satélite de Africa (centro) con América do Norte (esquerda) e Eurasia (dereita), a escala.

Separado de Europa polo mar Mediterráneo, e unida á Asia polo Istmo de Suez (atravesado polo canal de Suez), con 163 k de ancho.[22] Ten o mar Vermello ó nordeste, o océano Índico ó leste e sur, e o océano Atlántico ó oeste e sur. Xeopoliticamente, a península do Sinaí de Exipto que se atopa ó leste do canal de Suez, é a miúdo considerada unha parte de África.[23]

A liña costeira ten 26.000 km de lonxitude, e a ausencia de grandes accidentes xeográficos costeiros evidénciase polo feito de que Europa, que ten unha superficie de 10.400.000 km2, ou un terzo da superficie de África, ten unha costa de 32.000 km.[24] Dende o punto máis setentrional, Ras ben Sakka en Tunisia (37°21' N), até o máis meridional, Cabo Agullas en Suráfrica (34°51'15" S), hai unha distancia de arredor de 8.000 km.[25] O punto máis occidental é Cabo Verde 17°33'22" W, mentres que o máis oriental é Ras Hafun (Somalia) 51°27'52" E, habendo entre eles unha distancia de 7400 km.[24]

O meirande país de África é Alxeria, e o máis pequeno é as Seychelles, un arquipélago da costa leste.[26] A nación continental máis pequena é Gambia.

Placa africana

AfricanPlate
Placa africana.
Artigo principal: Placa africana.

A placa africana é a maior placa tectónica que atravesa o ecuador así como o primeiro meridiano. Abrangue a maioría do continente de África, así como a cortiza oceánica que se atopa entre o continente e varias cristas oceánicas circundantes. Entre hai 60 e 10 millóns de anos, a placa somalí comezou a separarse da placa africana xunto co rift de África Oriental.[27] Debido a que o continente africano está formado pola placa africana e a placa somalí, algúns estudosos refírense á primeira como a placa nubia para distinguila do continente como un todo.[28]

Xeolóxicamente, África inclúe a península de Arabia. Os montes Zagros de Irán e Anatolia, en Turquía, marcan onde a placa africana colide con Eurasia. A rexión afrotropical e o deserto saharo-arábigo polo norte unen o continente bioxeograficamente, e a familia lingüística afroasiática une a zona norte lingüisticamente.

Clima

Artigo principal: Clima de África.
Koppen-Geiger Map Africa present
Mapa de África coas clasficacións climatolóxicas de Köppen.[29]

O clima de África varía dende o tropical ó subártico nos seus picos máis elevados. A súa metade setentrional é principalmente desértico ou árido, mentres que o central e a área meridional contén chairas de sabana e densas zonas de xungla (selva chuviosa). Entre ámbalas dúas rexións, hai zonas de transición onde dominan os patróns de vexetación de sahel e estepa. Africa é o continente máis quente da Terra, e o 60% da superficie está composto de terras áridas e desertos.[30] O rexistro da temperatura máis alta xamais rexistrada, en Libia en 1922 (58 °C), foi desacreditado en 2013.[31][32]

Fauna

Artigo principal: Fauna de África.

África posúe quizais a combinación máis grande do mundo de densidade e "rango de liberdade" de vida silvestre, con poboacións salvaxes de grandes carnívoros (como leóns, hienas e guepardos) e herbívoros (como búfalos, elefantes, camelos e xirafas) que vagan libremente en chairas non privadas e abertas. É fogar de gran variedade de animais da "xungla", incluíndo cobras, primates e animais acuáticos como crocodilos, hipopótamos e anfibios. Ademais, África ten o maior número de especies de megafauna, xa que foi menos afectado pola extinción de megafauna do Plistoceno.

Ecoloxía e biodiversidade

Mauritius beach
Praia tropical en Trou-aux-Biches, Mauricio.

África conta con 3 000 áreas protexidas, con 198 áreas mariñas protexidas, 50 reservas da biosfera e 80 reservas de zonas húmidas. A destrución do hábitat, o crecemento da poboación humana e a caza furtiva están a reducir a diversidade biolóxica de África e a terra arable. A invasión humana, os disturbios civís e a introdución de especies non autóctonas tamén ameazan a biodiversidade en África. Isto agravouse por problemas administrativos, persoal non axeitado e problemas de financiamento.[30]

A deforestación está a afectar a África o dobre que a media mundial, segundo o Programa das Nacións Unidas para o Ambiente (UNEP).[33] De acordo co Centro de Estudos Africanos da Universidade de Pennsylvania, o 31% dos pasteiros e o 19% das selvas e terreos forestais están clasificados como degradados, e África está perdendo catro millóns de hectáreas de bosque cada ano, que é o dobre do índice de deforestación no resto do mundo.[30] Algunhas fontes sinalan que o 90% dos bosques virxes orixinarios de África Occidental foron destruídos.[34] Arredor do 90% dos bosques orixinarios de Madagascar foron destruídos dende a chegada do ser humano hai 2000 anos.[35] Un 65% do solo agrícola africano sufre de degradación.[36]

Economía

HDImap spectrum2006 Africa
Mapa de África indicando o índice de desenvolvemento humano (2004).

África é o continente máis pobre do mundo, onde están os dous terzos de portadores do virus VIH da Terra, cheo de conflitos armados tribais, con epidemias e terroríficas miserias que causan o subdesenvolvemento dos países africanos. Poucos estados conseguiron ter relativa estabilidade, como Suráfrica.

Despois, na súa condición de ex colonia, a maiorías dos países africanos manteñen relacións particulares co resto do mundo, e en particular coa UE; mais existe unha entidade chamada Unión Africana, unión parella á europea, da que forman parte tódolos estados do continente agás Marrocos.

Política

Na África rexístranse moitos conflitos de carácter político, como o da costa do Marfil e o do Sudán, e tamén moitas situación irregulares, como en Angola, mais pódese dicir que a maiorías dos países teñen gobernos democráticos electos. As únicas excepcións son a de Somalia, que nin sequera posúe un estado organizado.

Outro problema co que conta a política africana son os numerosos fraudes nas eleccións, coñecidos tanto internamente como pola comunidade internacional. Por outro lado, aínda subsisten situacións nas que o presidente ou o partido gobernamental están no poder durante decenas de anos, como son os casos da Líbia e do Cimbabue.

En xeral, os gobernos africanos son repúblicas presidencialistas, agás de tres monarquías existentes no continente: Lesoto, Marrocos e Suacilandia.

Divisións políticas

Africa map political-fr
División política da África.

África está repartida en 53 países independentes, 17 dependencias e con territorios non recoñecidos. A lista dos países de África atópase no final da páxina, mais, a parte deses estados existen territorios especiais no continente.

Territorios de países non africanos

Territorios non recoñecidos

Subdivisións de África

Vexa tamén: Rexións de África

As rexións de África e os países que as compoñen segundo os puntos cardinais son:

Outras divisións

Notas

  1. África na "Enciclopedia Galega Universal"
  2. Sayre, April Pulley (1999), Africa, Twenty-First Century Books. ISBN 0-7613-1367-2.
  3. Visual Geography. "Africa. General info". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2011. Consultado o 19 de setembro de 2009.
  4. Swanson, Ana (17 de agosto de 2015). "5 ways the world will look dramatically different in 2100". www.washingtonpost.com.
  5. Harry, Njideka U. (11 de setembro de 2013). "African Youth, Innovation and the Changing Society". Huffington Post.
  6. Abdoulie Janneh (abril de 2012). United Nations Economic Commission for Africa, ed. "item,4 of the provisional agenda – General debate on national experience in population matters: adolescents and youth" (PDF). Consultado o 15 de decembro de 2015.
  7. "Homo sapiens: University of Utah News Release: Feb. 16, 2005". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 19 de setembro de 2009.
  8. Visual Geography. "Africa. General info". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2007.
  9. Georges, Karl Ernst (1913–1918). "Afri". En Georges, Heinrich. Ausführliches lateinisch-deutsches Handwörterbuch (en alemán) (8th ed.). Hannover. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de setembor de 2015.
  10. Lewis, Charlton T.; Short, Charles (1879). "Afer". A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press. Consultado o 20 de setembro de 2015.
  11. Venter & Neuland, NEPAD and the African Renaissance (2005), p. 16
  12. Names of countries Arquivado 27 de xuño de 2019 en Wayback Machine., Decret and Fantar, 1981
  13. 13,0 13,1 Geo. Babington Michell, "The Berbers", Journal of the Royal African Society, Vol. 2, No. 6 (xaneiro de 1903), pp. 161–94.
  14. Edward Lipinski, Itineraria Phoenicia, Peeters Publishers, 2004, p. 200. ISBN 90-429-1344-4
  15. "Consultos.com etymology".
  16. "Nile Genesis: the opus of Gerald Massey". Gerald-massey.org.uk. 29 de outubro de 1907. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2010. Consultado o 18 de maio de 2010.
  17. en Revue de Philologie 50, 1976: pp. 221–38.
  18. "Long-Distance Seafaring in the Ancient Near East." Robert R. Stieglitz. The Biblical Archaeologist, Vol. 47, No. 3 (setembro de 1984)
  19. Hallikan, 'Abu-l-'Abbas Sams-al-din 'Ahmad ibn Muhammad Ibn (1842). Kitab Wafayat Ala'yan. Ibn Khallikan's Biographical Dictionary Transl. by (Guillaume) B(aro)n Mac-Guckin de Slane (en ingés). Benjamin Duprat.
  20. al-Andalusi, Sa'id (2010). Science in the Medieval World (en inglés). University of Texas Press. ISBN 9780292792319.
  21. Upton, Roger D. (1881). Travels in the Arabian Desert: With Special Reference to the Arabian Horse and Its Pedigree (en inglés). C.K. Paul & Company.
  22. Drysdale, Alasdair and Gerald H. Blake. (1985) The Middle East and North Africa, Oxford University Press US. ISBN 0-19-503538-0
  23. "Atlas – Xpeditions". National Geographic Society. 2003. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2009. Consultado o 1 de marzo de 2009.
  24. 24,0 24,1 (1998) Merriam-Webster's Geographical Dictionary (Index), Merriam-Webster, pp. 10–11. ISBN 0-87779-546-0
  25. Lewin, Evans. (1924) Africa, Clarendon press
  26. Hoare, Ben. (2002) The Kingfisher A–Z Encyclopedia, Kingfisher Publications. p. 11. ISBN 0-7534-5569-2
  27. "Somali Plate". Ashten Sawitsky. Consultado o 30 de xuño de 2015.
  28. Chu, D.; Gordon, R.G. (1999). "Evidence for motion between Nubia and Somalia along the Southwest Indian ridge". Nature 398 (6722): 64–67. Bibcode:1999Natur.398...64C. doi:10.1038/18014. Consultado o 20 de xuño de 2015.
  29. Wood, Eric F.; Berg, Alexis; Vergopolan, Noemi; McVicar, Tim R.; Zimmermann, Niklaus E.; Beck, Hylke E. (30 de outubro de 2018). "Present and future Köppen-Geiger climate classification maps at 1-km resolution". Scientific Data (en inglés). p. 180214. doi:10.1038/sdata.2018.214.
  30. 30,0 30,1 30,2 "Africa: Environmental Atlas, 06/17/08." Arquivado 2012-01-05 en Wayback Machine. African Studies Center, University of Pennsylvania. Consultado en xuño de 2011.
  31. El Fadli, KI; et al. (setembro de 2012). "World Meteorological Organization Assessment of the Purported World Record 58°C Temperature Extreme at El Azizia, Libya (13 September 1922)". Bulletin of the American Meteorological Society 94 (2): 199. Bibcode:2013BAMS...94..199E. doi:10.1175/BAMS-D-12-00093.1. (Os 57,8 °C), declarados en Al 'Aziziyah, Libia, o 13 de setembro de 1922, foron oficialmente invalidados pola Organización Meteorolóxica Mundial.)
  32. "World Meteorological Organization World Weather / Climate Extremes Archive". Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
  33. Deforestation reaches worrying level – UN Arquivado 2008-12-06 en Wayback Machine.. AfricaNews. 11 de xuño de 2008
  34. Forests and deforestation in Africa – the wasting of an immense resource Arquivado May 20, 2009, en Wayback Machine.. afrol News
  35. WildWorld Ecoregion Profile (ed.). ""Madagascar subhumid forests"". National Geographic Society. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2019.
  36. "Nature laid waste: The destruction of Africa", The Independent, 11 de xuño de 2008.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Asante, Molefi (2007). The History of Africa. USA: Routledge. ISBN 978-0-415-77139-9.
  • Clark, J. Desmond (1970). The Prehistory of Africa. Londres: Thames and Hudson. ISBN 978-0-500-02069-2.
  • Crowder, Michael (1978). The Story of Nigeria. Londres: Faber. ISBN 978-0-571-04947-9.
  • Davidson, Basil (1966). The African Past: Chronicles from Antiquity to Modern Times. Harmondsworth: Penguin. OCLC 2016817.
  • Gordon, April A.; Donald L. Gordon (1996). Understanding Contemporary Africa. Boulder: Lynne Rienner Publishers. ISBN 978-1-55587-547-3.
  • Khapoya, Vincent B. (1998). The African experience: an introduction. Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall. ISBN 978-0-13-745852-3.
  • Moore, Clark D., and Ann Dunbar (1968). Africa Yesterday and Today, in series, The George School Readings on Developing Lands. Nova York: Praeger Publishers.
  • Naipaul, V.S.. The Masque of Africa: Glimpses of African Belief. Picador, 2010. ISBN 978-0-330-47205-0
  • Tausch, Arno (16 de xullo de 2018). "Africa on the Maps of Global Values: Comparative Analyses, Based on Recent World Values Survey Data". SSRN Electronic Journal. SSRN 3214715. doi:10.2139/ssrn.3214715.
  • Wade, Lizzie (2015). "Drones and satellites spot lost civilizations in unlikely places". Science. doi:10.1126/science.aaa7864.

Outros artigos

Ligazóns externas

Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Etiopía

Etiopía (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte nororiental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes, que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria. É o décimo país africano en extensión con 1 104 300 quilómetros cadrados. A súa capital é Adís Abeba, situada uns poucos quilómetros ao oeste do Rift de África Oriental que divide ao país entre as placas nubia e somalí.

Etiopía, e tamén Eritrea, usan o alfabeto ge'ez, un dos alfabetos máis antigos do mundo en uso. O calendario etíope, que vai aproximadamente sete anos e tres meses por detrás do calendario gregoriano, coexiste desde hai tempo co calendario borana. A relixión maioritaria é o cristianismo, principalmente a igrexa etíope tewahedo. O histórico reino de Aksum foi un dos primeiros estados en adoptar oficialmente a relixión cristiana. Arredor dun terzo da poboación e musulmá, principalmente da rama sunnita. As relacións do país co islamismo remóntanse aos inicios deste, cando o reino de Aksum acolleu a algúns dos primeiros seguidores de Mahoma que fuxían das persecucións que estaban sufrindo na Meca. De feito a vila de Negash, que naquela época formaba parte do reino de Aksum, está considerada como o primeiro asentamento musulmán en África. Ata a década de 1980 houbo unha considerable poboación de xudeus etíopes, coñecidos como Beta Israel. Etiopía é unha nación multilingüe con arredor de 80 grupos etnolingüísticos, dos que os máis numerosos son os oromo, os amháricos, os somalís e os tigriña. A maioría da xente fala linguas afroasiáticas das ramas cuxita ou semítica. Adicionalmente, minorías étnicas que habitan as rexións do sur, falan linguas omóticas. Linguas nilo-saharianas son faladas por minorías étnicas do pobo nilótico. A lingua oromo é a máis numerosa en falantes nativos, mentres que a amhárica é a máis populosa en número total de falantes e serve como lingua de traballo no goberno federal e como lingua franca do país. O ge'ez conserva a súa importancia como lingua litúrxica, tanto para a igrexa etíope tewahedo como para os xudeus de Bete Israel.

A nación é unha terra de contrastes naturais co seu vasto e fértil oeste, os seus bosques e numerosos ríos, e o sitio rexistrado máis quente do mundo en Dallol, no norte do país. O Macizo etíope é o conxunto continuo de montañas máis extenso de África e as Covas de Sof Omar conteñen a cova máis longa do continente. Etiopía é tamén o país africano, xunto con Marrocos e Suráfrica, co maior número de sitios Patrimonio da Humanidade (9). Ademais, Etiopía é membro fundador da Organización das Nacións Unidas, da Organización para a Unidade Africana, do Movemento de Países non Aliñados , do Grupo dos 24 e do Grupo dos 77. Ademais a capital, Adís Abeba, é a sede da Unión Africana, da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, da Forza Africana de Intervención Rápida, da Cámara Panafricana de Comercio e Industria, e de moitas ONGs que traballan en África. Desde 1961, cando comezou a guerra de independencia de Eritrea, ata o ano 2008, Etiopía sufriu varios conflitos armados con países limítrofes, tivo que sufocar insurreccións nalgunhas rexións e mesmo aturar unha guerra civil. Esta situación de estado de guerra continuo obstaculizou o progreso da súa economía, porén, durante os últimos anos o país foise recuperando e hoxe é a maior economía e o país máis populoso de África Oriental.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Exipto

Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur con Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sahara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.

Egypt ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central. Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.

Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potenciais coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufiu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Faixa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Faixa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.

O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial. Con máis de 95 millóns de habitanets, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km2 onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.

O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial. A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria). Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.

Fútbol

O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de Europa e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, á CONCACAF; en Sudamérica á CONMEBOL; en Asia á AFC; e en Oceanía á OFC.

Dentro das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante é a Copa Mundial de Clubs da FIFA, que disputan os campións de tódalas confederacións. Este torneo substitúe á antiga Copa Intercontinental.

Kenya

Kenya ou Quenia, oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Lingua portuguesa

O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Sudamérica, Goa na India e Macao na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.

Hoxe en día é unha das linguas do mundo máis faladas, na sexta posición en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a lingua con maior número [Cómpre referencia] de falantes en Sudamérica (más de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en África.

O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macao, e co tetum en Timor Leste.

O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII, cando se iniciou un proceso de afastamento debido, entre outras razóns, a que en Portugal adquiriu o carácter de lingua estatal e que Galiza se incorporou á Coroa de Castela, que posteriormente chegaría a formar España, sen se establecer por tanto como lingua oficial en Galiza, e desaparecendo como lingua literaria durante tres séculos (XVI, XVII e XVIII). O esplendor literario medieval do galaico-portugués foi descoñecido, nos dous lados da fronteira, ata a década de 1920. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.

Madagascar

A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a máis grande de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso, é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos. De entre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primates, tres especies de paxaros endémicas e súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é "malgaxe". A principal lingua falada no país é o malgaxe.

Os veciños máis próximos de Madagascar son a posesión francesa de Mayotte, no noroeste; a posesión francesa da Reunión, no leste; as illas dispersas do Océano Índico, Illas Gloriosas (noroeste), Juan de Novoa (oeste), Bassas da India, Illa Europa (suroeste) e Tromelin (leste); as Comores no noroeste; e as Seychelles no norte. A súa capital é a cidade de Antananarivo.

Nixeria

Nixeria ( [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, Chad e Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.

Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía. Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o décimo sétimo máis poboado do mundo. O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os igbos e os yorubas.

Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.

No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na máis grande de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo. Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012). No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo. As reservas de petróleo do país xogaron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial e foi identificado como a potencia rexional de África. Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.

Océano Atlántico

O océano Atlántico é o océano que separa Europa e África, ao leste, de América, ao oeste. Ten unha área de 82.400.000 km² (106.200.000 km², incluíndo os mares locais como o mar Mediterráneo, o que corresponde a aproximadamente un terzo das augas oceánicas mundiais).

Suráfrica

A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Suacilandia; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.

Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.

Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos dun euro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.

Século II

século I < século II > século III

Este século abrangue o tempo entre o ano 101 e o 200 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Será este o verdadeiro século de ouro da historia do Imperio Romano. De 96 a 192 sucédense no trono imperial os cinco bos emperadores (Nerva, Traxano, Hadriano, Antonino Pío e Marco Aurelio). É o tempo da pax romana e do desenvolvemento das cidades máis afastadas da capital. O proceso de sucesión é pacífico.

África do Norte

África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, Níxer e Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.

Países
Países con parte africana
Outros territorios

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.