Ácido esteárico

O ácido esteárico ou ácido octadecanoico é un ácido graxo saturado de 18 carbonos [2]. O seu nome procede do grego "stéatos", que significaba sebo. É un sólido de aspectro céreo cun punto de fusión de 69,6 °C [3] e coa fórmula CH3(CH2)16CO2H. Os sales e ésteres do ácido esteárico denomínanse estearatos. O ácido esteárico é un dos ácidos graxos saturados máis comúns, xunto co ácido palmítico.

Ácido esteárico[1]
Stearic acid
Stearic-acid-3D-Balls
Identificadores
Número CAS 57-11-4
PubChem 5281
ChemSpider 5091
DrugBank DB03193
ChEMBL CHEMBL46403
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C18H36O2
Masa molar 284,48 g mol−1
Aspecto sólido branco
Densidade 0,847 g/cm3 a 70 °C
Punto de fusión 69,8 °C
Punto de ebulición 382 °C
Solubilidade en auga 3 mg/L (20 °C)
Índice de refracción (nD) 1,4299
Termoquímica
Capacidade calorífica, C 501,5 J mol−1 K−1
Perigosidade
NFPA 704
NFPA 704
1
1
0
Punto de inflamabilidade 110 °C

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Stearic-acid-3D-balls
Modelo do ácido esteárico.

Produción

Aparece en moitas graxas animais e vexetais, pero é máis abundante nas animais (conteñen ata o 30% de ácido esteárico, por só menos do 5% as vexetais). Importantes excepcións son a manteiga de coco e a manteiga de karité (Vitellaria) nas que o contido de ácido esteárico (formando parte de triglicéridos) é de 28–45%.[4]

O ácido esteárico obtense tratando graxas e aceites con auga a altas presións e temperaturas (superiores a 200 °C), o que causa a hidrólise dos triglicéridos. Despois destílase a mestura resultante.[5] O ácido esteárico comercial é a miúdo unha mestura de ácido esteárico e ácido palmítico, aínda que se vende tamén o ácido esteárico purificado.

A biosíntese do ácido esteárico realízase a partir de acetil-CoA.

Aplicacións

En xeral, aprovéitase o seu carácter bifuncional, co grupo polar carboxilo de cabeza que pode unirse a catións metálicos, e unha cadea hidrocarbonada hidrófoba que lle confire solubilidade en solventes orgánicos. Esta combinación leva a usalo como surfactante e suavizante. O ácido esteárico sofre as reaccións típicas dos ácidos carboxílicos saturados, como a redución a estearil alcohol, e a esterificación con varios posibles alcohois.

Xabóns, deterxentes e cosméticos

O ácido esteárico utilízase principalmente para a prodción de ddeterxentes, xabóns e cosméticos como champú e crema de barbear. Os xabóns non se fan directamente do ácido esteárico, senón indirectamente utilizando triglicéridos que o conteñen, que son saponificados. Os ésteres do ácido esteárico e o etilenglicol, glicol estearato e glicol diestearato, utilízanse parsa producir un efecto irisado nos champús, xabóns, e outros produtos cosméticos. Engádense ao produto fundidos e déixanse cristalizar en condicións controladas. Os deterxentes obtéñense a partir de amidas e derivados alquilamonio cuaternarios do ácido esteárico.

Lubricantes, antiadherentes e outros usos

Igual que a textura suave dos seus sales de sodio se aproveita para fabricar xabón, outros sales do ácido esteárico son útiles polas súas propiedades lubricantes. O estearato de litio é un importante compoñente da graxa lubricante. Os estearatos de cinc, calcio, cadmio, e chumbo utilízanse na fabricación de PVC. O ácido esteárico utilízase xunto con aceite de castor para preparar suavizantes para aprestos téxtiles. Quéntanse e mestúranse con potasa cáustica ou sosa cáustica. Outros sales utilízanse como axentes antiadherentes, por exemplo, na produción de pneumáticos de automóbiles.

Como é barato e quimicamente inocuo, o ácido esteárico ten moitas outras aplicacións. Cando se fan moldes de xeso. Nese uso, disólvense en auga pos de ácido esteárico e a solución cepíllase sobre a superficie que vai ser separada despois do moldeado. Este reacciona co calcio do xeso formando unha fina capa de estearato de calcio, que funciona como un axente antiadherente. Cando reacciona co cinc forma estearato de cinc que se usa como lubricante nas cartas da baralla, para suavizar a fricción entre elas (úsano moito os prestidixitadores). Na fabricación de comprimidos farmacéuticos utilízase como lubricante para impedir que o comprimido se pegue ao molde.

Os ácidos graxos son os compoñentes típicos das candeas (hoxe a maioría son de parafina).

O ácido esteárico utilízase xunto con azucre ou xarope de millo como un endurecedor dos caramelos.

Utilízase tamén na produción de suplementos dietarios.

En pirotecnia o ácido esteárico utilízase a miúdo para cubrir compoñentes metálicos como como aluminio e ferro. Isto impide a oxidación e permite que a mestura sexa almacenada durante longos períodos de tempo.

O ácido esteárico é un lubricante moi usado na fabricación de produtos feitos con pos cerámicos.[6] Tamén se usa como un antiadherente aos moldes na produción de escuma de látex, utilizada para facer máscaras e caracterízacións no cine.

Metabolismo

Un estudo realizado con marcaxe isotópica en humanos[7] concluíu que a fracción do ácido esteárico da dieta desaturada oxidativamente a ácido oleico era 2,4 veces maior ca a fracción de ácido palmítico convertida do mesmo modo a ácido palmitoleico. Ademais, é menos probable que o ácido esteárico se incorpore a ésteres do colesterol. En estudos clínicos e epidemiolóxicos o ácido esteárico foi asociado coa diminución do colesterol LDL en comparación con outros ácidos graxos saturados.[8] Estes resultados poden indicar que o ácido esteárico é máis san ca outros ácidos graxos saturados.

Notas

  1. Susan Budavari, ed. (1989). Merck Index (11th ed.). Rahway, New Jersey: Merck & Co., Inc. p. 8761. ISBN 978-0-911910-28-5.
  2. PubChem compound Stearic acid
  3. Susan Budavari, ed. (1989). Merck Index (11th ed.). Rahway, New Jersey: Merck & Co., Inc. p. 8761. ISBN 9780911910285.
  4. Beare-Rogers, J.; Dieffenbacher, A.; Holm, J.V. (2001). "Lexicon of lipid nutrition (IUPAC Technical Report)". Pure and Applied Chemistry 73 (4): 685–744. doi:10.1351/pac200173040685.
  5. David J. Anneken, Sabine Both, Ralf Christoph, Georg Fieg, Udo Steinberner, Alfred Westfechtel "Fatty Acids" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry 2006, Wiley-VCH, Weinheim. doi 10.1002/14356007.a10_245.pub2
  6. Tsenga, Wenjea J.; Mo Liua, Dean; Hsub, Chung-King (1999). "Influence of stearic acid on suspension structure and green microstructure of injection-molded zirconia ceramics". Ceramics International 25 (2): 191–195. doi:10.1016/S0272-8842(98)00024-8.
  7. Emken, Edward A. (1994). "Metabolism of dietary stearic acid relative to other fatty acids in human subjects". American Journal of Clinical Nutrition 60 (6): 1023S–1028S. PMID 7977144.
  8. Hunter, J. Edward; Zhang, Jun; Kris-Etherton, Penny M. (2010). "Cardiovascular disease risk of dietary stearic acid compared with trans, other saturated, and unsaturated fatty acids: a systematic review". Am. J. Clinical Nutrition (American Society for Nutrition) 91 (1): 46–63. ISSN 0002-9165. PMID 19939984. doi:10.3945/ajcn.2009.27661.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aceite de cacahuete

O aceite de cacahuete é un aceite vexetal preparado xa sexa mediante cocción dos cacahuetes (Arachis hypogaea) ou mediante a súa extracción nunha prensa hidráulica. Este aceite é de cor moi clara e a súa idoneidade para aguantar altas temperaturas convérteo nun aceite ideal na cociña como aceite de fritir. Ten un sabor suave que o fai apropiado para elaborar ensaladas, maionesas e vinagretas.

Este tipo de aceite é moi empregado na cociña asiática (emprégase no wok).

Aceite de soia

O aceite de soia é un aceite vexetal que procede do prensado da soia (Glycine max). Este aceite é abundante en ácidos graxos poliinsaturados.

Chocolate

O chocolate (náhuatl xocolatl) é o alimento que se obtén mesturando azucre con dous produtos derivados da manipulación das sementes do cacao: unha materia sólida (a pasta de cacao) e unha materia graxa (a manteiga de cacao). A partir desta combinación básica, elabóranse os distintos tipos de chocolate, que dependen da proporción entre estes elementos e da súa mestura ou non con outros produtos tales como leite e froitos secos. O chocolate atópase en moitas sobremesas así como na repostaría, galletas, bolos, sorbetes, tortas, bebidas.

Fosfatidiletanolamina

A fosfatidiletanolamina (PE), tamén chamada cefalina (non confundir co alcaloide cefaelina) é un fosfolípido do grupo dos fosfoglicéridos presente nas membranas celulares, un dos máis abundantes nos tecidos humanos. Está composta por un glicerol esterificado nos hidroxilos 1 e 2 por dous ácidos graxos, e no hidroxilo 3 por un grupo fosfato que, á súa vez, se esterifica co aminoalcohol etanolamina .

A fosfatidiletanolamina presenta xeralmente ácido palmítico, ácido esteárico ou ácido oleico en posición 1 e un ácido graxo poliinsaturado de cadea longa, como o ácido araquidónico, en posición 2. É, xunto coa fosfatidilcolina, un dos fosfolípidos máis frecuentes na bicapa lipídica das membranas celulares.

Fosfatidilinositol

O fosfatidilinositol (abreviado PI ou PtdIns) é un fosfolípido que contén o polialcohol cíclico inositol, e é un compoñente minoritario das membranas celulares eucarióticas e bastante raro nas bacterias.

O inositol do fosfatidilinositol pode ser fosforilado para formar fosfoinosítidos monofosfato (PIP), bisfosfato (PIP2) e trifosfato (PIP3).

Lipopolisacárido

Lipopolisacárido (LPS) é unha molécula de grandes dimensións constituída por un lípido e un polisacárido unidos por un enlace covalente.

Lípido

Os lípidos son un amplo grupo de compostos químicos orgánicos naturais, que son uns dos principais compoñentes dos seres vivos, formados principalmente por carbono, hidróxeno e osíxeno, aínda que tamén poden conter fósforo, nitróxeno e xofre, entre os que se inclúen as graxas, ceras, esterois, vitaminas liposolubles (como as vitaminas A, D, E, e K), fosfolípidos e outros. Algúns lípidos son moléculas liñais ou curvadas e outros son compostos cíclicos. Poden definirse a grandes trazos como moléculas relativamente pequenas hidrófobas ou anfipáticas. As hidrófobas poden disolverse en solventes apolares. As anfipáticas teñen unha parte polar e outra non polar, e poden formar en disolución en medio acuoso estruturas como vesículas, liposomas, ou membranas.

Entre as principais funcións biolóxicas dos lípidos están o almacenamento de enerxía, ser moléculas estruturais nas membranas e intervir na sinalización celular. Os lípidos teñen aplicacións en cosmética e na industria alimentaria e a nanotecnoloxía.Os lípidos biolóxicos orixínanse enteiramente ou en parte a partir de dous tipos de subunidades bioquímicas, que son: grupos cetoacil e isopreno. Tendo en conta este enfoque, os lípidos poden dividirse en varios tipos: acilos graxos (ácidos graxos), glicerolípidos, fosfoglicéridos (ou glicerofosfolípidos), esfingolípidos, sacarolípidos, e policétidos, derivados da condensación de subunidades cetoacil; e lípidos esterois (esterois e esteroides) e lípidos prenólicos (isoprenoides), derivados da condensación de subunidades de isopreno.Aínda que o termo lípido se usa ás veces como sinónimo de graxa, en realidade ten un significado máis amplo, xa que, propiamente falando, as graxas serían só os triglicéridos. Moitos lípidos conteñen ácidos graxos como compoñente principal (triglicéridos, fosfolípidos). Os ácidos graxos presentan unha reacción característica chamada saponificación cando os facemos reaccionar quimicamente con álcalis na que se orixinan xabóns. Os lípidos con ácidos graxos que presentan esta reacción de saponificación denomínanse saponificables.Os humanos e outros mamíferos teñen diversas rutas metabólicas para sintetizar a maioría dos seus lípidos ou para degradalos, pero algúns lípidos chamados ácidos graxos esenciais non poden ser sintetizados a partir de precursores simples no organismo, polo que deben tomarse na dieta.

Manteiga de cacao

A manteiga de cacao é a graxa comestíbel natural da semente de cacao, extraída durante o proceso de fabricación do chocolate. A manteiga de cacao ten só un leve sabor e aroma de chocolate. É o único compoñente do cacao utilizado no chocolate branco.

A manteiga de cacao ten un punto de fusión de cerca de 34 a 38 graos Celsius (93 a 100 graos Fahrenheit), o que fai que chocolate sexa un sólido á temperatura ambiente que inmediatamente se disslve cando entra na boca.

A manteiga de cacao é unha das graxas máis estábeis, contendo antioxidantes naturais que evitan que se torne ranzoso, permitindo a súa almacenaxe por un prazo de 2 a 5 anos. Úsase pola súa textura suave en varios alimentos (incluíndo o chocolate), así como en cosméticos, produtos de pel e xabóns e foi usado como un excipiente en supositorios rectais e para remediar cicatrices (este último uso aínda moi debatido se realmente eficiente). A manteiga de cacao é aínda utilizada para amaciar e hidratar os beizos secos ou gretados, xa que o cacao posúe factor de protección solar 10, e tamén é moi bo contra o frío.

A manteiga de cacao ten cristais α, γ, J, e β, con puntos de fusión de 17°, 23°, 26°, e 35-37 °Celsius respectivamente. A produción do chocolate requere só o cristal β polo seu alto punto de fusión. Unha estrutura cristalina uniforme resulta na textura suave do chocolate.

Esta está formada por preto de 96,6% de triglicéridos (están constituídos por unha molécula de glicerol unida a 3 ácidos graxos).

Atópanse tres ácidos graxos principais na composición da manteiga de cacao: ácido palmítico (C16:0), ácido esteárico (C18:0) e ácido oleico (C18:1).

Manteiga de porco

A manteiga de porco, tamén chamada pingo, é a parte graxa do porco empregada na elaboración de certos pratos. Nalgunhas ocasións emprégase como ingrediente. En certas cociñas é empregada como elemento graxo na fritura de certos alimentos, aínda que nos medios rurais empregouse tamén como ingrediente graxo na elaboración de xabóns.

Margarina

Margarina é un termo xenérico para denominar distintos tipos de graxas usadas en substitución da manteiga.

N-aciletanolamina

Unha N-aciletanolamina é un tipo de amida de ácido graxo formada por unha molécula de varios posibles tipos de grupos acilo enlazada co átomo de nitróxeno da etanolamina. Estas amidas conceptualmente poden formarse a partir dun ácido graxo e unha etanolamina, que se enlazarían liberando unha molécula de auga, pero, en realidade, a síntese biolóxica coñecida destas substancias realízaa o encima fosfolipase específica D clivando a unidade fosfolípido dunha N-acilfosfatidiletanolamina. Outra ruta depende da transesterificación de grupos acilo da fosfatidilcolina pola actividade dunha N-aciltransferase (NAT), que dá lugar a N-acilfosfatiletanolaminas precursoras das N-aciletanolaminas.Os sufixos -amina e -amida nos nomes destes compostos refírense ao único átomo de nitróxeno da etanolamina por onde se unen os dous compoñentes do composto: denomínase "amina" na etanolamina porque considérase como un nitróxeno terminal libre nesa subunidade, mentres que se denomina "amida" cando se considera que está asociado co grupo carbonilo da subunidade acilo. Os nomes destes compostos poden atoparse tanto coa denominación "amida" coma "amina" dependendo do autor.Exemplos de N-aciletanolaminas son:

Anandamida (N-araquidonoiletanolamina), que é a amida do ácido araquidónico (20:4 ω-6) e a etanolamina. É o ligando dos receptores cannabinoides e do receptor vanilloide que atenúan a sensación de dor.

N-palmitoiletanolamina, que é a amida do ácido palmítico (16:0) e a etanolamina. Ten actividade anti-inflamatoria e tamén amortece a sensación de dor.

N-oleoiletanolamina, que é a amida do ácido oleico (18:1) e a etanolamina. Ten efectos anoréxicos e estimula a degradación de graxas ao actuar sobre a PPAR-alfa.

N-estearoiletanolamina, que é a amida do ácido esteárico (18:0) e a etanolamina. Ten actividade proapoptótica. Funciona independentemente dos receptores cannabinoides e vanilloides coñecidos que son a diana da anandamida.

Rícino

O rícino, Ricinus communis, é a única especie aceptada do xénero: Ricinus, planta arbustiva da familia Euphorbiaceae, de follas moi grandes, pecioladas, e froito capsular. Das súas sementes extráese un aceite purgante.

Vitellaria paradoxa

Vitellaria paradoxa é unha especie arbórea de até 15 metros de altura das sabanas arbóreas do oeste de África da que se tira a coñecida coma manteiga de carité ou xea. A verba francesa karité vén da lingua wolof ghariti, que significa "árbore da manteiga". Esta árbore pode vivir até tres séculos e o diámetro do toro pode acadar o metro.

Tradicionalmente en África Occidental, os seus froitos chámanse de noces, estes froitos son drupas carnosas cun óso de casca fina. Tras a súa ebulición e esmagado obtense unha graxa vexetal chamada de manteiga de carité. Esta substancia é comestíbel e utilizada tradicionalmente na cociña local, tamén se utiliza na industria chocolateira como substituto da manteiga de cacao. Composto principalmente de ácido palmítico (2-6%); ácido esteárico (15-25%); ácido oleico (60-70%); ácido linolénico (5-15%); ácido linoleico(<1%). Coñécese sobre todo a esta graxa polas súas propiedades hidratantes polo que é utilizada na composición de numerosos preparados da industria cosmética.

Dá os seus primeiros froitos logo de 15 anos. Malia considerar que acada a idade adulta cara os trinta anos, xa neste momento pódense obter até 20 quilos de froitos, é dicir 5 quilos de améndoa seca, das cales se obterá aproximadamente 1 quilo de manteiga de carité. Entre os cincuenta e os cen anos de idade obtense a maior cantidade de froitos, o cal dificulta o seu cultivo.

Xunca doce

A xunca doce ou herba da bóla, Cyperus esculentus, é unha planta herbácea cosmopolita de follas longas e finas que produce un tubérculo coñecido como chufa, nome co que tamén se coñece a planta. Cultívase tradicionalmente en España, nos arredores de Valencia para a produción de orchata.

Ácido alfa-linolénico

O ácido α-linolénico é un ácido graxo poliinsaturado de 18 átomos de carbono moi común nos aceites vexetais, que se considera un ácido graxo esencial necesario para a nosa boa saúde, que debe estar incluído na composición dos alimentos da nosa dieta..

O ácido α-linolénico é un ácido carboxílico de 18 carbonos poliinsaturado con tres dobres enlaces todos eles en posición cis, situados nos carbonos 9, 12 e 15, polo que o seu nome estrutural é ácido todo-cis-9,12,15-octadecatrienoico. Como o último dos dobres enlaces está a tres carbonos do extremo final da cadea, é un ácido graxo omega-3 ou n-3. O seu punto de fusión é de -11 °C, polo que é un aceite ás temperaturas ambientais normais .

É un isómero do ácido gamma-linolénico, un ácido graxo omega-6 poliinsaturado, tamén importante para a nosa saúde, xa que se considera "condicionalmente esencial". Cando se fai referencia a ácido linolénico sen indicar se é a forma alfa ou a gamma, xeralmente se está falando da forma alfa.

Ácido estearidónico

O ácido estearidónico (SDA) ou ácido moróctico, de nome sistemático ácido (6Z,9Z,12Z,15Z)-octadeca-6,9,12,15-tetraenoico, é un ácido graxo polinsaturado con catro enlaces dobres todos cis de cadea liñal omega-3 con dezaoito átomos de carbono, coa fórmula molecular C18H28O2, que se simboliza como C18:4.

A temperatura ambiente é un líquido de cor amarelo claro. O seu punto de fusión está entre –57,4 °C e –56,6 °C, e o seu índice de refracción a 16 °C é de 1,4888. Os investigadores xaponeses Bunsuke Suzuki e Yutaka Masuda identificárono en 1928 no aceite de fígado de bacllau e déronlle o nome de ácido estearidónico porque é semellante estruturalmente ao ácido araquidónico e porque ao hidroxenalo transfórmase en ácido esteárico. En 1935 os tamén xaponeses Y. Toyama e T. Tsuchiya illaron un ácido da sardiña que denominaron ácido moróctico, do xaponés morokuti, 'sardiña', que identificaron como o ácido (4Z,8Z,12Z,15Z)-octadecatetra-4,8,12,15-enoico pero en 1958 o surafricano M. Matic descubriu que esa identificación era un erro e que en realidade se trataba do ácido estearidónico.Encóntrase de maneira natural en peixes e plantas da familia das boraxináceas, como Lapula squarosa, cuxo aceite contén un 23,4 % e Lithospermum arvense, cun 18,8 %; tamén en primuláceas, como Primula sikkimensis, cun 14,6 % e Primula floridae, cun 12,2 %; e en saxifragáceas, como Ribes rubrum, cun 3,9 % e Ribes nigrum, cun 3,1 %.O ácido estearidónico pode producirse de novo a partir do ácido α-linolénico nunha reacción de desaturación catalizada polo encima Δ6-desaturase, unha reacción extremadamente ineficiente en humanos. É un ácido graxo intermediario na vía biosintètica que forma ácidos graxos longos ω-3 (especialmente ácido eicosapentaenoico ou EPA). Por iso a conversión do ácido estearidónico en EPA é mís eficiente que a partir do ácido α-linolénico. Porén, hai poucas fontes alimenticias ricas en ácido estearidónico. Os cultivos de plantas ricas naturalmente en ácido estearidónico ou enriquecidas por modificación xenètica poden ofrecer un aceite suplementario alternativo para aumentar os niveis de ácidos graxos longos ω-3 na poboación, especialmente se non hai un consumo de peixe fresco.

Ácido graxo

Un ácido graxo é un ácido orgánico que leva un grupo carboxilo no extremo e unha cadea hidrocarbonada. Xeralmente a cadea é longa, lineal e non ramificada, pero en moitos organismos incluído o home hai tamén cadeas curtas ou ramificadas, normalmente con grupos metilo, ou mesmo, en bacterias, cadeas cíclicas. Os ácidos graxos son moléculas de natureza lipídica. As súas cadeas hidrocarbonadas son case sempre de número par de átomos de carbono, e poden ser saturadas (con todos os enlaces entre os carbonos sinxelos) ou insaturadas (con algún ou varios dos enlaces entre os carbonos non sinxelos).

En xeral, a fórmula dun ácido graxo saturado podémola escribir así:

H3C-CH2-CH2-CH2- ...-COOH, ou tamén R-COOH, onde R variará dun a outro.

Os ácidos graxos raramente aparecen libres, xa que normalmente forman parte doutros lípidos. Os lípidos que conteñen ácidos graxos chámanse saponificables, xa que os seus ácidos graxos reaccionan cos álcalis formando xabóns. Forman parte dos triacilglicéridos, fosfolípidos, glicolípidos e ceras, nos que están esterificados a alcohois. Forman a parte hidrófoba dos lípidos que forman pare das bicapas lipídicas das membranas celulares. Onde máis cantidade de ácidos graxos se acumulan é nas graxas do tecido adiposo, formando parte dos triacilglicéridos.

As súa función é estrutural (formando parte dos lípidos de membrana), de reserva enerxética (nos lípidos do tecido adiposo), ou como precursores biosintéticos de lípidos.

Ácido oleico

O ácido oleico é un ácido graxo de 18 carbonos monoinsaturado, que pola posición do único dobre enlace da súa cadea hidrocarbonada é un ácido graxo omega-9, que se encontra nas graxas de diversos animais e vexetais. Ten a fórmula CH3(CH2)7CH=CH(CH2)7COOH. O seu punto de fusión é de 13-14 °C. É un aceite incoloro e inodoro, aínda que as mostras comerciais poden ser algo amarelas. O seu dobre enlace é cis. O seu isómero co enlace trans denomínase ácido elaídico, e denomínase elaidinización á reacción que cambia os isómeros cis a trans.

Ácido palmítico

O ácido palmítico, ou ácido hexadecanoico, é un ácido graxo saturado de 16 carbonos cun grupo carboxilo (COOH). É un dos ácidos graxos saturados máis comúns, que se encontra en animais e plantas. É moi abundante na graxa animal. A súa fórmula molecular é CH3(CH2)14COOH. O seu punto de fusión é de 62,9 °C . O seu nome débese a que é un compoñente principal dos aceites de palma extraídos da árbore da palma (aceite de palma ou de coco). Os palmitatos son os sales e ésteres do ácido palmítico. O anión palmitato é a forma na que se encontra o ácido a pH básico.

Saturados
ω−3 insaturados
ω−5 insaturados
ω−6 insaturados
ω−7 insaturados
ω−9 insaturados
ω−10 insaturados
ω−11 insaturados
ω−12 insaturados
Tipos de lípidos
Xeral
Ácidos graxos
(Acil)glicéridos
Ceras
Fosfoglicéridos
Esfingolípidos
Glicolípidos
Esteroides
Terpenos
Eicosanoides
Compoñentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.