Ábsida

A ábsida é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da cabeceira dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e na ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.

As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral ou que se abren no deambulatorio ou, por veces, no transepto, denomínanse absidiolas.

IgrexaparroquialStaMaría
Ábsidas románicas, da Igrexa de Santa María de Cambre

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de ábsidas románicas de Galicia
Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.Galicia-España

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, A Capela

Abside de la Iglesia de San Xulián do Camiño

Igrexa de San Xián do Camiño, Palas de Rei

Iglesia de San Martiño de Cameixa

Igrexa de San Martiño de Cameixa, Boborás

Iglesia de San Pedro de Dozón

Igrexa de San Pedro de Dozón, Dozón

Absidiola

En arquitectura denomínase absidiola, ou ábsida secundaria, a unha pequena ábsida que se abre na ábsida principal e acolle unha capela. Tamén poden construírse nos lados do transepto.

Esta estrutura foi moi común nas catedrais dos estilos románico e gótico durante a Idade Media.

A planta pode ser cadrada, circular ou poligonal, consante coa planta e características da ábsida á que se abren.

No caso de existir un deambulatorio que rodea a ábsida, as absidiolas abriranse a este. O número de absidiolas más común é de tres, podendo variar segundo as dimensións do templo.

En termos de difusión xeográfica denótase unha clara centralización do seu emprego no continente europeo (especialmente en Francia), sendo moi limitado o seu uso en Inglaterra.

É un recurso arquitectónico moi empregado nos templos de peregrinación xunto co deambulatorio.

Altar

Para consultar información sobre a constelación, véxase Ara

Para o artigo sobre o lugar, véxase Altar, San Cosme de Barreiros, Barreiros

Un altar (do latín altar, derivado de altum) é un montículo, pedra ou construción consagrado ao culto ou á devoción. O altar era, na Antigüidade, ben un lugar elevado (na súa orixe simples montículos de terra ou pedras), ou unha táboa colocada sobre unhas gradas, no que se depositaban algunhas ofrendas e/ou se celebraban os sacrificios (cruentos ou non), á divindade.

Amoexa, Antas de Ulla

Santiago de Amoexa é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 88 habitantes (46 mulleres e 42 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 111 habitantes.

Argozón, Chantada

San Vicente de Argozón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Chantada, na provincia de Lugo. Tiña 182 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 84 homes e 98 mulleres repartidos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 26 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 208 habitantes (96 homes e 112 mulleres).

Berredo, Agolada

Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 106 habitantes (62 mulleres e 44 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Boborás

Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boborao ou boborés.

Camposancos, Lalín

San Cristovo de Camposancos é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 92 habitantes (52 mulleres e 40 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Deambulatorio

O deambulatorio é un espazo que rodea o altar maior dos templos por onde poden transitar os fieis.

É un elemento característico da arquitectura románica que logo se fixo extensivo á gótica. A súa utilidade xurdiu coa peregrinación masiva aos lugares de devoción popular, cando unha multitude de fieis concorría nunha igrexa e se aprestaba a venerar as reliquias que nela se atesouraban. Este corredor proporcionaba a necesaria fluidez de circulación para que todos alcanzasen a reverenciar as sacras reliquias e para non interromper a cerimonia relixiosa que se puidese estar oficiando na capela maior.

O normal é que na cabeceira da nave central se sitúe o presbiterio e a continuación a capela principal contendo o altar maior e formando unha ábsida de planta semicircular ou poligonal. En tal caso, o deambulatorio adóitase formar pola prolongación das naves laterais que envolven a ábsida polo seu exterior. En ocasións, ábsida e deambulatorio non están separados por un muro cego, senón por unha arquería que ofrece permeabilidade ao conxunto. É así mesmo habitual que ao redor del se dispoñan unha serie de absidiolas radiais, cada unha das cales alberga unha pequena capela.

Dornelas, Silleda

San Martiño de Dornelas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 144 habitantes (77 mulleres e 67 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 179 habitantes.

Doroña, Vilarmaior

Santa María de Doroña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 363 habitantes.

Igrexa (arquitectura)

Unha igrexa (do latín ecclesia, e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') é un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá. O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo.

Igrexa de Barlingbo

A igrexa de Barlingbo (sueco: Barlingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Barlingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de San Salvador de Coruxo

A igrexa de San Salvador de Coruxo é un templo cristián que se atopa na parroquia de Coruxo, no Val do Fragoso, no concello de Vigo, a catro quilómetros da cidade. Data do século XII, sendo até o século XIV un mosteiro propiedade da Orde de San Bieito dependente de Celanova, converténdose despois na igrexa parroquial.

Moreira, A Estrada

San Miguel de Moreira é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 359 habitantes (184 mulleres e 175 homes), distribuídos en 9 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 470 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 252 persoas.

Nemiña, Muxía

San Cristovo de Nemiña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o INE en 2009 tiña 129 habitantes (65 mulleres e 64 homes) distribuídos en 4 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 141 habitantes, e 1999 cando tiña 154 habitantes.

O Cello, Lalín

San Martiño do Cello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes.

Riobó, A Estrada

San Martiño de Riobó é unha parroquia do concello da Estrada, composta por 9 entidades de poboación. Segundo o IGE en 2009 tiña 226 persoas (118 homes e 108 mulleres), o que significa unha diminución con respecto a 1986, cando tiña 387 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 250 persoas.

San Martiño de Asperelo, Rodeiro

San Martiño de Asperelo é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 214 habitantes (112 homes e 102 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

San Martiño de Ozón, Muxía

San Martiño de Ozón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o INE en 2009 tiña 947 habitantes (509 mulleres e 438 homes) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 987 habitantes, e 1999 cando tiña 1080 habitantes.

Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas
Exterior
Interior
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.